viernes, 17 de octubre de 2008

Os campionatos de España en Lugo

Esta fin de semana celebrarase en Lugo o campionato de España cadete de atletismo.

Os rapaces que levan preparando este acontecemento durante todo o ano están moi nerviosos e as súas familias e amigos, máis achegados, ilusionados polo que poida pasar nestes días.
Especialmente os rapaces de Lugo deséxolles toda a sorte do mundo e espero que o feito de estar na súa cidade e estar preto da xente que os quere e os apoia lles de forzas para poder acadar o mellor posto posible.
Espero tamén que a xente de Lugo se achegue as pistas de atletismo para ver a actuación dos rapaces e para coñecer un pouco máis este deporte que,ademais de ser moi saudable(porque evita a vida sedentaria),ademais de facer un montón de amigos cos que terás moitos intereses en común e cós que seguramente farás moi boas migas,ademais das satisfaccións que che pode dar,podes coñecer moitas cidades do mundo de campionato en campionato.
Por isto,e por moitas cousas máis espero ver a moita xente coñecida esta fin de semana animando a nosa xente,que aínda que case non os coñezamos ou non os coñezan agradecerán sinceramente os nosos berros de apoio.

SORTE EN ESPECIAL A CASÁS, representado por Nerea Darriba e Antonio Molina,QUE DE SEGURO TERÁN UN MONTÓN DE ÁNIMOS DENDE A GRADA.

No hay comentarios: